Asociación Deportiva Vila de Ordes

Asociación Deportiva Vila de Ordes

Advertisement

Enquisa

¿Qué linea ten máis falta de reforzar o VDO?
 
¿Que esperas do VDO esta tempada 2009/10?
 

Próximo encontro

 

VDO

vs

Deixebre

Sábado - Setembro

Pendente de confirmación?

Campo Anexo a Vista Alegre

Patrocinadores





Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla  ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo).
 
Historia PDF Imprimir E-Mail
viernes, 27 de junio de 2008

A asociación deportiva Vila de Ordes, aparece en escena cando por primeiros de Xuño de 2008, nun café informal de amigos sale a idea que xa moitas veces trascorrera polas nosas cabezas e pola de outros moitos. A idea consistía na creación dun equipo de fútbol para amigos e veciños que pola razón que fose non xogase en categorías superiores e quixese practicar o fútbol sen terse que desplazar da Vila.


Día tras día, café tras café, o proxecto foi madurando, e unha vez  comprobada a viabilidade, decidimos poñernos en marcha. Cada día que pasaba sumabase xente hasta formar a seguinte diretiva:
Presidente: Roberto Iglesias Calviño
Vicepresidente e Secretario: Enrique López Souto
Tesoureiro: Víctor Manuel Rodríguez Baleato
Vocais: Carlos Rodríguez Baleato
             José Antonio López Garabato
             Manuel Mira Iglesias
             Miguel López Souto
             Juan Carlos Becerra Fraga
             Julio Moure Fuentes
             Marcos Prego Mosquera
             José Manuel Vázquez Sardiña 

Nas siguientes reunións, xa consideradas asambleas, decidiuse o nome, Vila de Ordes, o que se lle engade A.D. (Asociación deportiva) por ser a denominación xurídica a que nos acollemos. Decir que nomes surrealistas xurdiron uns poucos.

Para o escudo, salirón a relucir cen mil ideas, pero foi o inxenio do presidente nunha desas tantas tardes que ten libres o que o diseñou. Os arreglos e dixitalización foron obra de Nika Vidal.

A este derroche creatividade hai que engadirlle  a elección da equipación, a páxina web…

A Historía continuará.