Asociación Deportiva Vila de Ordes

Asociación Deportiva Vila de Ordes

Advertisement

Enquisa

¿Qué linea ten máis falta de reforzar o VDO?
 
¿Que esperas do VDO esta tempada 2009/10?
 

Próximo encontro

 

VDO

vs

Deixebre

Sábado - Setembro

Pendente de confirmación?

Campo Anexo a Vista Alegre

Patrocinadores





Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla  ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo).
 
Últimas Noticias
Últimas Noticias
Suspensión do Torneo de Fútbol 7 PDF Imprimir E-Mail
viernes, 10 de julio de 2009

A organización decantouse hoxe xoves a mediodía pola suspensión do Torneo de Fútbol 7 a desputar este fín de semana en Ordes.

Pese a reunir os equipos necesarios para a celebración do Torneo, a baixa de tres de eles nas ultimas horas e o temor da organización a sufrir máis baixas motivaron a suspensión.

Dende aquí pedir desculpas polas molestias que se poideran ocasionar e agradecer a colaboración dos patrocinadores.

 
Volta os adestramentos PDF Imprimir E-Mail
viernes, 10 de julio de 2009

O Vila de Ordes xa ten data para a volta o traballo, será o xoves 23 de Xullo as 21:30 Horas no Campo de Herba Artificial Anexo a Vista Alegre.

Todolos xogadores citados, así como os que desexen probar sorte no equipo terán nesta primeira cita a primeira toma de contacto seguida dun adestramento suave.

Nesta segunda tempada Carlos Carril seguirá o fronte do equipo que aspirará a mellorar a tempada pasada. 

 
ATENCIÓN Marathón Fútbol 7 PDF Imprimir E-Mail
domingo, 21 de junio de 2009

No apartado máis info que aparece no recadro vermello que fai referencia o Marathón de fútbol 7, podedes atopar xa as bases do Torneo. Para calquera duda podedes utilizar o apartado CONTACTAR da Web.

O cambio importante está na data do Sorteo a celebrarse na Cervecería Bull Dog, que será finalmente o xoves 9 de Xullo as 21:00 Horas.

 
Felicitacións a Selección de Ordes PDF Imprimir E-Mail
jueves, 25 de junio de 2009

A selección de Ordes que dispou este pasado fin de semana a II edición do Torneo solidario entre seleccións da Comarca acadou por segundo ano consecutivo a victoria final.

Os locais (O Torneo foi disputado no Anexo a Vista Alegre, Ordes) contaban nas súas filas con Carro e Roberto da A.D. Vila de Ordes que dispuxeron dos seus minutos o longo da competición.

A semifinal gañarona con olgura os de Ordes adestrados por Lamas e Pablo, que o Domingo na final volvia a gañar 4-2 fronte a Selección de Tordoia. 

Dende aquí felicitacións!

 
Enquisa valoración da tempada PDF Imprimir E-Mail
lunes, 22 de junio de 2009

A enquisa da web preguntado unha nota do 1 o 10 ca que calificar esta primeira tempada do club saca os seguintes resultados dos máis de 70 votos emitidos polos amigos que visitan a casa do VDO en internet:

Un 73% valora a tempada de sobresainte, e na parte oposta un 9.5% suspende a labor do VDO, o porcentaxe restante aproba, ainda que sen nota o curso 2008-2009 do Vila de Ordes.

As enquisas que se formularon durante a tempada foron aprobando e revalidando a traxectoria do equipo nesta primeira tempada en activo, polo que a entidade, do primeiro o ultimo, prometen seguir loitando e dando todo para que o Vila de Ordes siga con paso firme e agradando a todolos socios e simpatizantes.